Unha sentenza do Tribunal de Xustiza europeo dá a razón aos bombeiros da Coruña

Veicar, adxudicataria do servizo, suprimiu as quendas de 24 horas aducindo que eran ilegais. Mais AGE afirma que un fallo do tribunal recóllese a legalidade destas quendas sempre e cando non se superen as 48 horas semanais de traballo no que se incluirían as horas extras

bombeiros corunha
photo_camera bombeiros corunha

Unha sentenza do Tribunal de Xustiza europeo da a razón aos bombeiros da Coruña que están a reivindicar que se recuperen as quendas de 24 horas, que foron suprimidas pola adxudicataria do servizo,Veicar, alegando que eran ilegais.

No texto da resolución, informan desde Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) recóllese a legalidade destas quendas sempre e cando non se superen as 48 horas semanais de traballo no que se incluirían as horas extras.

Xa que logo, afirman desde a coalición, o Tribunal de Xustiza europeo “avala as peticións que están a facer os profesionais dos parques de bombeiros sendo o tema das quendas unha das principais reivindicacións”. Así mesmo AGE insta á Xunta de Galicia a mediar neste conflito “que ten a súa orixe na privatización do servizo de Emerxencias do noso país que está a permitir os constantes abusos e ataques da patronal aos traballadores”

Comentarios