Senén Pousa, o alcalde franquista de Beade, volverá presentarse como candidato nas municipais de 2023

O polémico alcalde que se confesa admirador do ditador Francisco Franco podería alcanzar o medio século no cargo se renova a Alcaldía, algo que logrou con maioría absoluta en todas e cada unha das eleccións democráticas celebradas desde 1979.
Alfonso Rueda, Senén Pousa e José Manuel Baltar nunha foto de arquivo (Foto: Xunta da Galiza).
photo_camera Alfonso Rueda, Senén Pousa e José Manuel Baltar nunha foto de arquivo (Foto: Xunta da Galiza).

O alcalde de Beade, Senén Pousa, volverá presentarse ás eleccións municipais, nas que tratará de revalidar un cargo que ostenta desde 1974, o que o converte nun dos rexedores máis lonxevos e o de maior idade de todo o Estado español.

Pousa, que cumprirá a finais de marzo 84 anos, encabezará de novo a lista do Partido Popular no municipio da comarca do Ribeiro, segundo confirmou o propio rexedor.

"Imos volver gañar por maioría absoluta", vaticinou Pousa, que retivo o bastón de mando en 2019 por un edil ao lograr catro polos tres do Partido Socialista, aos que augurou que "varrerán" na cita coas urnas de marzo.

Alcalde 'preconstitucional'

Pousa goberna Beade desde 1974 e é desde 2015 o único alcalde preconstitucional en activo no país.

 Ademais, desde 2020 é tamén o máis veterano despois da renuncia de Adolfo Campos, rexedor de Dozón tamén do PP e falecido ese mesmo ano, meses despois de deixar o bastón de mando en mans do seu fillo.

Admirador de Franco

O polémico alcalde que se confesa admirador do ditador Francisco Franco podería alcanzar o medio século no cargo se renova a Alcaldía, algo que logrou con maioría absoluta en todas e cada unha das eleccións democráticas celebradas desde 1979.

En 2023 volverá estar acompañado na candidatura pola súa neta, que exerce como tenente de alcalde desde o anterior mandato.

Pousa loce orgulloso no seu gabinete fotos de Francisco Franco así como múltiples bandeiras españolas.

Comentarios