20D NA GALIZA

Senado: o PP suma 12 representantes e En Marea e o PSOE, 2

Dos 14 representantes que Galiza dispón no Senado, 12 pertencen ao PP, o mesmo número de senadores que conseguiu en 2011. O PSOE baixa de 4 a 2 senadores e En Marea faise con 2.

Pola Coruña, o PP obtivo tres senadoras: Paula Prado (12,49%), María Aparicio (12,15%) e José Luis Ramón Torres (12,14%). O cuarto posto en xogo ocupouno En Marea, con José Manuel García Buitrón (8,61%).

Por Lugo, o PP conseguiu outros tres asentos para José Manuel Barreiro, Dámaso López e Sandra Vázquez. Polo PSOE saíu elixido senador o ex conselleiro Ricardo Varela.

Por Ourense, o PP acadou tres senadores: Edelmira Barreira, María del Carmen Leyte e Francisco José Fernández, mentres que polo PSOE saíu elixido Luís Manuel García Mañá.

E por Pontevedra, o PP volveu facerse con tres representantes no Senado: Marta Lucio, Miguel Fidalgo e José Crespo. En Marea logrou unha senadora, María Vanessa Angustia.

Comentarios