O sector crítico avoga por que Anova non se presente ás municipais

O colectivo Cerna pide que a militancia pase a formar parte das marés cidadás que se están a configurar en localidades e cidades.

anova
photo_camera anova

O sector critico de Anova, nucleado en torno a Cerna, quer que a organización non concorra ás municipais de 2015, seguindo así os pasos de Podemos, e que opte por traballar e mergullarse nas iniciativas impulsadas pola “cidadanía indignada”. Este sector considera que Anova-Irmandade Nacionalista debe de se abster de presentarse á cita electoral, tanto é que sexa en solitario como en coligación con outras forzas. O camiño sería o de que a militancia desta organización pase a se integrar como un máis nesas candidaturas e plataformas de base que están a abrollar en Galiza.

Paula Vázquez Verao e Pablo Escobero, de Cerna, defenderon en rolda de prensa esta postura, e incidiron que esta posición xa foi apoiada en asembleas de Anova. Esta corrente, da que forman parte persoas como Luis Eyré ou Mario López Rico, entre outros, defende unha confluencia con movementos "rupturistas" xurdidos entre a cidadanía.

Comentarios