Santos Héctor foi elexido novo secretario provincial do PSdeG de Pontevedra

O secretario saínte, Modesto Pose, afirmou na súa despedida que "alguén traballou, con éxito, para dividir"

Santos Héctor, concelleiro de Emprego en Vigo, foi electo como novo secretario provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Pontevedra tras atinxir o 65% dos votos frente ao 31 por cen da candidatura liderada polo alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey. O exalcalde de O Grove, José Antonio Cacabelos, retirou a súa candidatura no arranque do congreso provincial dos socialistas.

O secretario xeral sainte, Modesto Pose, durante a súa intervención tras a inauguración do ccngreso afirmou: "A estas alturas ninguén dubida que alguén traballou con bastante éxito para que estivésemos divididos, pero esa é a súa responsabilidade". Unhas declaracións que foron interpretadas como unha acusación a Pachi Vázquez, secretario xeral dos socialistas galegos.

Comentarios