Sanidade alega que non se pode pedir a "eutanasia activa"

A conselleira, Rocío Mosquera, apoia a decisión do servizo de Pediatría do CHUS que rexeita efectivizar a demanda da familia de Andrea.

mosquera_dentro
photo_camera [Rocío Mosquera]

A Consellaría de Sanidade avala a decisión adoptada polo servizo de Pediatría do CHUS de non desconectar Andrea, a nena de 12 anos cunha enfermidade neurodexenerativa irreversíbel para a que a súa familia pide unha morte digna. 

Así o expresou a conselleira, Rocío Mosquera, en resposta á interpelación da deputada do PSdeG, Carmen Acuña, quen lle preguntou pola aplicación da Lei de garantías de doentes terminais aprobada en xullo deste ano. 

Mosquera alega que @s profesionais non se lles pode pedir a adopción da "eutanasia activa" e asegura que, como trasladou a xerencia do CHUS através dun breve comunicado, non se está a producir "obstinación terapéutica" no tratamento da paciente. 

No comunicado o Hospital Clínico afirma que están a actuar "tal e como estabelece a normativa vixente, no exercicio dunha boa práctica clínica" polo que "está comprometido coa limitación do esforzo terapéutico", acrecentan. 

Comentarios