Sánchez obvia as reticencias de Gonzalo Caballero e nomea delegado do goberno a Javier Losada

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, intentou colocar unha persoa da súa confianza

javier losada pedro sanchez

O exalcalde da Coruña, Javier Losada, vai ser o novo delegado do goberno español en Galiza. Pedro Sánchez elixe o exrexedor coruñés embora que Gonzalo Caballero preferise para ese posto a unha persoa da súa confianza. O secretario xeral do PSdeG intentou até o último momento que a persoa designada por Sánchez como delegado do goberno fose outra.

Nomes como o da expresidente do Parlamento galego, Dolores Villarino, ou o actual vicesecretario do PSdeG, Pablo Arangüena, eran as propostas do líder do PSdeG. Mais o presidente español optou por Losada, persoa que nestes anos mostrou o seu apoio a Pedro Sánchez,tamén naqueles momentos máis duros e difíciles para o socialista.

Comentarios