Sánchez evita aclarar se o Goberno colaborou na fuga de Xoán Carlos I: "É confidencial"

O presidente español evita especificar que papel xogou Moncloa na fuxida do rei emérito.

Pedro Sánchez anunciou onte un paquete de medidas económicas e adianto de transferencias ás comunidades.
photo_camera Pedro Sánchez.

O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, compareceu esta tarde con case dúas horas de retraso para facer un balance do curso e reivindicar a xestión da epidemia da Covid feita polo seu Executivo.

Non se referiu á fuxida de Xoán Carlos I -avalada por Moncloa até que os xornalistas lle preguntaron. O presidente evitou especificar que papel xogaron el e o Goberno español na fuxida de Xoán Carlos I e enmarcou no ámbito privado os contactos que puido ter con Filipe VI. "Respectamos a decisión da Casa Real de distanciarse das supostas condutas irregulares e non temos máis que dicir", dixo Sánchez.

Sánchez indicou que o Goberno español expresou "absoluto respecto" polas decisións da Casa Real e indicou que se toma para "distanciarse" da conduta "reprobábel dun dos membros da Casa Real" que son "obxecto da investigación xudicial".

O presidente español dixo que non se está a xulgar a Monarquía, pero que se está a xulgar a "xente" e recordou que Xoán Carlos I foi levado á xustiza. "España necesita estabilidade e institucións robustas, ás que hai que pagar con exemplaridade e transparencia", dixo, defendendo a decisión tomada pola Casa Real. Tamén dixo que o pacto constitucional "está plenamente vixente".

Sánchez mostrouse "francamente satisfeito" co traballo realizado polo Goberno de coalición, especialmente na xestión da pandemia.

De novo, evadiu preguntas dos xornalistas sobre por que non lle comunicou aos membros de Podemos que o rei emérito tiña pensado fuxir de España por mor dos casos de corrupción que o estragan.

Sánchez admitiu diferenzas cos socios do Goberno, pero reafirmou o acordo de coalición como folla de ruta para avanzar a lexislatura.

Comentarios