Sánchez demitirá se o Comité Federal apoia absterse para permitir gobernar a Rajoy

O secretario xeral afirma que estamos perante un "debate político" entre aqueles partidarios dunha xestora e de que goberne o PP e os que defenden dun congreso e “un goberno do cambio”.

Comparecencia de urxencia de Pedro Sánchez a menos de 12 horas de que teña lugar o Comité Federal do PSOE para mandar unha mensaxe clara: non vai ceder. Nunha comparecencia en Ferraz e sen admitir preguntas, o secretario xeral situou o debate á marxe do organizativo. “Non é nin pode ser un debate reglamentario, É un debate político”. Levou así Sánchez a grave crise do PSOE ao terreo onde sabe que ten o apoio das bases socialistas e lanzou un primeiro dardo: el rexeita facer presidente a Rajoy, algo que si queren os críticos, insinuou.

CtnyUxDWYAAVXH5Defendeu a necesidade dun Congreso extraordinario e lanzou un segundo dardo: “Fun o primeiro secretario xeral escollido polo voto directo da militancia. Defenderei que a porta continúe aberta ao voto da militancia”. Reivindica así o carácter do seu posto como emanado directamente da militancia, polo que non pode ser revertido por outro nivel que non sexa esta.

Sánchez dixo que no Comité Federal deste sábado son dúas as posturas que vai haber sobre a mesa: a dos partidarios dunha xestora e de se abster para facer presidente a Mariano Rajoy e a dos que optan por un congreso extraordinario e tentar a vía do “goberno de cambio”. E suxeriu que de triunfar a opción de se abster e permitir gobernar a Rajoy, el demitirá. “Eu non poderei administrar unha decisión que non partillo”, dixo textualmente. 

Imaxe: Faixas da agrupación local do PSdeG de Salvaterra. Vía @aalonsopinheiro

Comentarios