ELECCIÓNS

Sánchez defende na Coruña que o Goberno “cumpre con Galiza”

O presidente do Goberno en funcións e candidato socialista á reelección mostrouse convencido, nun mitin celebrado no polideportivo San Francisco Xavier, de que o PSOE “gañará de novo”.

El presidente del Gobierno en funciones, Pedro Sánchez, saluda en un acto de campaña en A Coruña (Galicia/España), a 27 de octubre de 2019.

27 de octubre, Política, A Coruña, Galicia, Pedro Sánchez, PSOE


10/27/2019
photo_camera [Imaxe: Europa Press] Pedro Sánchez coa alcaldesa da Coriña, Inés Rey

Pedro Sánchez, presidente do Goberno en funcións e candidato á presidencia, afirmou nunha intervención, ante unhas 1.500 persoas no polideportivo San Francisco Xavier da Coruña, que o Executivo "cumpre con Galiza" e "vai cumprir co AVE", en referencia ás declaracións de Alberto Núñez Feixóo nas que aseguraba que o tren de alta velocidade non chegará até 2021.

Tamén se referiu á situación da comarca das Pontes ante o anuncio de peche da central térmica de Endesa, sinalando que o seu Goberno “dará solucións, perspectivas de futuro, fará xustiza e non deixará a ninguén atrás". "Defendermos, apoiaremos e daremos oportunidades a comarcas e zonas que están a sufrir o cambio de paradigma no modelo enerxético para loitar contra o cambio climático", engadiu.

Confía nas enquisas

O presidente en funcións, en alusión ás enquisas, mostrouse convencido de que o PSOE "gañará de novo". No entanto, apelou a acudir a votar, incidindo en que os comicios non se gañan nas sondaxes: "A día de hoxe temos o mesmo número de votos, cero, todas as formacións políticas que concorren o 10 de novembro, polo que hai que acudir votar masivamente”.

Comentarios