Sánchez defende unha "coligazón progresista" tanto de "esquerdas como de dereitas"

O líder do PSOE compareceu perante os medios após un encontro con António Costa, do PS portugués.

Pedro Sánchez_PSOE
photo_camera [Imaxe PSOE]

Pedro Sánchez (PSOE) asegurou esta quinta feira (7 de xaneiro) desde Lisboa e após un encontro co líder do Partido Socialista portugués, António Costa, que a súa formación apostaría na constitución dun "goberno progresista", unha "grande coligazón" que abranguería, dixo, partidos "tanto de esquerdas como de dereitas". Isto é, que incluiría a Podemos e a Ciudadanos. 

O líder do PSOE sinalou que tenderá a man "tanto á esquerda como á dereita, a todas as forzas progresistas do país para liderar o cambio" no Estado español. Sánchez asegurou que se trata "de políticas" e "non de siglas". Aliás, negou con rotundidade que se vaia producir unha "grande coligazón" entre PP e PSOE, ao tempo que descartou unha nova convocatoria electoral. 

"A repetición das eleccións non é unha solución, é adiar o problema", sentenciou. 

Na súa visita a Portugal Sanchez quixo exemplificar as posibilidades dun "goberno progresista" para desbancar a dereita após o acordo alcanzado polo PS, BE e PCP nunha Asemblea da República "fragmentada" como a constituída no país veciño após os comicios do 4 de Outubro. 

Comentarios