Sánchez confía en fechar un pacto de lexislatura con Ciudadanos ao aceptar as exixencias de Rivera

A supresión das deputacións ou a reforma xudicial son algunhas das peticións do líder de Cs ás que di si o secretario xeral do PSOE. “Haberá acordo”, afirmou. Podemos xa anunciou que votaría non a ese pacto.

Pedro-Sanchez-Albert-Rivera-

O secretario xeral do PSOE dixo que aceptaba as cinco exixencias de Albert Rivera para unha 'reforma constitucional express', polo que confía en fechar un pacto de lexislatura con Ciudadanos. “Cando hai vontade de cambio, hai vontade de acordos”, manifestou Pedro Sánchez na comparecencia na que anunciou que os socialistas dirñan si aos 5 puntos propostos por Rivera: eliminar aforamentos para deputados e senadores, reforma xudicial, reforma dos requerimentos para iniciativas lexislativas populares, suprimir deputacións para crear “consellos provinciais de alcaldes”, e limitar a 2 as lexislaturas dun presidente de goberno. “Se esas son as peticións de Ciudadanos, non teñan dúbida, haberá acordo”, dixo. De por parte, desde Ciudadanos recoñécese un “principio de acordo” que ten que rematar de se redactar. Porén, ninguén falou de como ían impulsar reformas constitucionais sen o PP, cuxa maioría no Senado faino imprescindíbel para calquer modificación no texto do 78.

A executiva do PSOE podería estudar e aprobar esta cuarta feira o previsóbel acordo con Ciudadadanos, para o sábado sometelo ao referendo da militancia socialista. Con este pacto, Sánchez suma 40 deputados á súa investidura, co que tería 130 unha cifra lonxe dos 176 votos necesarios para unha investidura en primeira volta. Para unha segunda volta precisa máis sis que non, polo que terá Sánchezs que ñprocurar apoios ou compromisos de abstención.

Nesta liña, Podemos xa anunciou que se Sánchez quere ser presidente, a “única opción” é un goberno de coligazón. Pablo Iglesias sobre un pacto de PSOE e CS dixo que “non suma nin que o ratifique o Papa”.

Comentarios