Estas son as medidas que aplicará o Goberno español contra a crise

Pedro Sánchez anuncia un paquete de medidas por 16.000 millóns de euros até o 30 de xuño que será aprobado esta terza feira no Consello de Ministros.
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, intervén no encontro do foro 'Xeración de Oportunidades' este 28 de marzo. (Foto: Alberto Ortega / Europa Press).
photo_camera O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, intervén no encontro do foro 'Xeración de Oportunidades' este 28 de marzo. (Foto: Alberto Ortega / Europa Press).

Pedro Sánchez avanzou esta mañá os eixos nos que van consistir as medidas que aprobará o Goberno para "repartir de forma xusta" os efectos da invasión de Ucraína.

Fíxoo durante o encontro 'Xeración de Oportunidades', un foro de Europa Press en colaboración con McKinsey & Companyna que o presidente do solicitou "a todos actores políticos, institucionais e sociais" que se unan "detrás deste plan de choque, para compartir está vez si, o sentido do mellor patriotismo".

Ingreso Mínimo Vital e combustíbeis

Sánchez avanzou un plan de choque contra as consecuencias económicas da guerra en Ucraína, un paquete de medidas por 16.000 millóns de euros, 6.000 millóns en axudas directas e rebaixas de impostos e 10.000 millóns máis en créditos ICO.

As medidas, negociadas até esta mesma mañá no marco da coliación de Goberno, serán aprobadas polo Consello de Ministros esta terza feira e estenderase até o 30 de xuño.

Entre os acordos pactados figura un aumento de 15% da contía do Ingreso Mínimo Vital e tamén unha limitación do incremento dos alugueiros de 2% desvinculándoo do IPC durante os tres próximos meses.

O 'Plan de Resposta' ao impacto da guerra en Ucraína tamén inclúe o veto aos despedimentos e unha bonificación mínima de 20 céntimos en cada litro de carburante ata o 30 de xuño a familias, traballadores e traballadoras, dos cales o Estado asumirá 15 e 5 as petroleiras.

O prezo do gas

Polo que respecta á parte enerxética, Sánchez anunciou que esta mesma semana España e Portugal presentarán a Bruxelas unha medida "excepcional e temporal" para fixar un prezo de referencia do gas, tras lograr no Consello Europeo do venres unha 'excepción ibérica' que permita abaratar os prezos da electricidade en ambos os dous países.

Sánchez subliñou que esta medida "non supón subvencionar o gas, non rompe os incentivos para as renovábeis nin os fluxos eléctricos entre países" e permitirá a España e Portugal "rebaixar significativamente os prezos da electricidade de forma inmediata" sen "distorsionar" o mercado da electricidade de Europa.

Comentarios