Política

Salvador Illá será a única autoridade competente delegada na nova prórroga do estado de alarma

O BOE publica esta sábado a prórroga do estado de alarma até o 7 de xuño
O ministro de Sanidade, Salvador Illa (EP).
photo_camera O ministro de Sanidade, Salvador Illa (EP).

O Boletín Oficial del Estado (BOE) publica este sábado o real decreto polo que se prorroga o estado de alarma até o 7 de xuño. A prórroga foi aprobada esta sexta feira polo Consello de Ministros após pasar polo Congreso.

O texto mantén o ministro de Sanidade, Salvador Illa, nas condicións de autoridade competente delegada a concretar as medidas que deban aplicarse no proceso de desconfinamento progresivo. Na nova orde deixan de ter esa mesma condición a ministra de Defensa, Margarita Robles; o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska; e o ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luis Ábalos.

Mobilidade

No que atende á mobilidade, a publicación determina que, no marco das decisións que se adopten sobre a progresión das medidas de desconfinamento, as persoas poderán desprazárense pola provincia, a illa ou a unidade territorial de referencia en que se atopen.

Educación e administración

Igualmente, o BOE habilita as Administracións educativas competentes para dispor a flexibilización das medidas de contención e a reanudación das actividades presenciais no eido educativo non universitario e da formación, sempre que se acorde a progresión á fase 2 ou posterior nun determinado territorio. O documento destaca que estas actividades se poderán manter a través das modalidades a distancia e online "sempre que resulte posíbel".

Tamén se estabelece o levantamento da suspensión dos prazos administrativos a partir do 1 de xuño e dos prazos procesais a partir do 4 de xuño.

Menos apoios

A quinta prórroga do estado de alarma saíu aprobada polo pleno do Congreso dos Deputados esta cuarta feira, 20 de maio, e fíxoo con con 177 votos a favor, 11 abstencións e 162 en contra. O número de apoios foi o menor de todas as votacións sobre os decretos da alarma.

Comentarios