Sada pide que a modificación da Lei de Memoria Histórica inclúa o Pazo de Meirás

O alcalde, Benito Portela, entende que "hai que retirar a Franco do Val dos Caídos" mais tamén “retirar os seus herdeiros do Pazo”.

Meiras

O Concello de Sada  vén de pedir ao gobernó español que inclúa o Pazo de Meirás na modificación que impulsa por decreto lei da Lei de Memoria Histórica para blindar a retirada dos restos de Franco do Val dos Caídos.

Benito Portela, alalde de sada, afirma nun comunicado que así mesmo insta o executivo de Pedro Sánchez a a que presente unha demanda civil que posibilite a incorporación do inmoble ao patrimonio público.

O rexedor partilla que "hai que retirar a Franco do Val dos Caídos" mais tamén  “retirar os seus herdeiros do Pazo”.. Ao seu xuízo, debe facerse "por hixiene democrática e respecto á memoria histórica".

Por outra banda, Portela lembra que o Plan Xeral de Ordenación Urbana de Sada explicita, no que se refire ao Plan Especial de Protección de Patrimonio do Pazo de Meirás, que o mesmo "analizará e responderá á posibilidade de que o Ben de Interese Cultural pase a ser de dominio e uso públicos en base á devolución gratuíta dos terreos ao sector público".

Comentarios