Rueda sobre Feixoo: "O que se pode facer é melloralo"

O vicepresidente da Xunta da Galiza en funcións, Alfonso Rueda, lamentou que a oposición xa avanzase o seu voto en contra na súa investidura. Así o dixo no XIII Congreso do PP local de Pontevedra, no que Rafa Domínguez resultou reelixido como presidente do partido na cidade do Lérez.
Alfonso Rueda, na esquerda, no XIII Congreso do PP local de Pontevedra. (Foto: Belga / Europa Press)
photo_camera Alfonso Rueda, na esquerda, no XIII Congreso do PP local de Pontevedra. (Foto: Belga / Europa Press)

O vicepresidente da Xunta da Galiza en funcións, Alfonso Rueda, lamentou que a oposición xa avanzase o seu voto en contra a pesar de que aínda non teña pronunciado na Cámara galega as súas propostas. "Diga o que diga Rueda, van dicirlle que non. Son os partidos do non polo non", criticou.

Unha negativa na que incluíu tanto ao PSdeG como ao BNG. Por iso, insistiu en que irá ao Parlamento a próxima semana a "facer propostas" e a dicir "Galiza si" porque, asegurou, o PP é "o partido do si".

Na celebración do XIII Congreso do PP local de Pontevedra, Alfonso Rueda sinalaou que a próxima semana será "fundamental", "desde o punto de vista persoal e para toda a Galiza".

Así mesmo, explicou que non pretende substituír a Alberto Núñez Feixoo porque non se pode substituír a quen é insubstituíbel". Porén, indicou que "o que se pode facer é melloralo".

O líder do PP da demarcación de Pontevedra instou aos militantes populares a traballar para lograr "un magnífico resultado nas eleccións municipais" e encamiñarse dese modo "á quinta maioría absoluta" dos populares na Xunta da Galiza.

Nesta mesma liña, asegurou que mentres a oposición "segue cambiando líderes", o Partido Popular vai seguir "polo seu carril" e "mostrando a súa forza". "Crían que iamos fallar neste proceso e ensinámoslles que o noso é a política de feitos, con exemplo de estabilidade e coherencia", argumentou Rueda.

Rafa Domínguez, reelexido presidente do PP local de Pontevedra

Rafa Domínguez foi reelixido este sábado como presidente do PP local de Pontevedra con 97,3% dos votos, revalidando así o seu cargo á fronte do PP pontevedrés.

Arroupado polo líder do PP estatal, Alberto Núñez Feixoo, o expresidente do Goberno español Mariano Raxoi, o presidente provincial do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, e a deputada popular Ana Pastor, entre outros, Rafa Domínguez agradeceu o seu apoio e reivindicouse como "un alcalde que escoita". "Non quero ser un alcalde encerrado no meu despacho, quero ser o alcalde que escoita a todos", subliñou.

Domínguez concorrerá de novo ás eleccións municipais na cidade do Lérez en 2023, despois de conseguir nove escanos nos comicios de 2019, ficando así por detrás do nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores.

Comentarios