Rueda roga a Madrid máis frecuencias ferroviarias con Madrid

A Xunta calcula que necesita sete trens Avril e tres frecuencias diarias máis a Madrid desde Vigo e A Coruña.

Un tren AVE percorrendo a Galiza. (Europa Press)
photo_camera Un tren AVE percorrendo a Galiza. (Europa Press)

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, enviou unha carta á ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, na que expuxo que a Galiza necesitaría un total de sete trens Avril de rodaxe desplazábel e tres frecuencias diarias máis a Madrid desde as cidades de Vigo e A Coruña para "garantir a eficacia e competitividade da AVE galego".

Ademais, na misiva, á que tivo acceso Europa Press, o titular do Goberno galego solicita a información "máis completa posíbel" sobre as previsións que manexa o Ministerio para "culminar a chegada do AVE a Galizia" en canto a calendario, características e número de trens, así como os servizos planificados.

Neste sentido, Rueda engade que espera que a planificación do Goberno español "concorde coas peticións" que traslada nesta carta.

Nesta mesma liña, o presidente da Xunta explica na misiva, con data do 31 de xaneiro, que "a finalización e completa posta en servizo" da liña de alta velocidade entre Madrid e a Galiza é "un dos obxectivos máis perseguidos" pola comunidade "desde hai moitos anos".

Unha conexión, con Madrid, que ocupa boa parte da axenda para a rede ferroviaria para a Galiza do actual Goberno, por riba de proxectos coma ade Portugal ou a vertebración interna do país por tren.

"En decembro de 2021, celebramos como un fito de enorme transcendencia a chegada dos primeiros trens de alta velocidade á cidade de Ourense, porta de entrada do esperado AVE a Galiza. As abraiantes cifras de usuarios, que converteron esa liña na de maior crecemento de España en 2022, acreditan a rendibilidade do importantísima investimento realizado nesa conexión ferroviaria, e avalan as nosas demandas", continúa a carta.

A pesar disto, Rueda lamenta que desde entón a Galiza "tivo que asumir unha nova dilación na xa longa historia da alta velocidade galega" e, na actualidade, atópase "cun amplo descoñecemento sobre as condicións nas que o AVE se despregará ", tanto "no número de servizos como nas características dos trens e nas condicións de prezos dos billetes".

Por este motivo, a Xunta analizou "en detalle" as necesidades relacionadas coa chegada da alta velocidade ao resto de cidades de Galiza e concluíu a necesidade de incorporar sete trens Avril de rodaxe desplazábel e habilitar tres frecuencias diarias máis a Madrid desde Vigo e A Coruña e, deste modo, reforzar os servizos nos corredores Ourense-Santiago-A Coruña e Ourense-Santiago-Pontevedra-Vigo.

Comentarios