MUNICIPAIS 24 DE MAIO

Rubén Pérez (IU), único candidato a alcaldábel na Marea de Vigo

A plataforma conta co apoio de Anova, Esquerda Unida e Espazo Ecosocialista. A votación convocada en Podemos para se pronunciar sobre o seu apoio non reuniu o ‘quórum’ suficiente.

Esquerda Unida
photo_camera Yolanda Díaz e Rubén Pérez

Rubén Pérez (coordinador local de Esquerda Unida en Vigo) é a única persoa que se presentou para ser o cabeza de lista da Marea de Vigo nas municipais do vindeiro mes de maio, segundo adiantou Faro de Vigo nunha información de Carlos Prego. A plataforma conta co apoio de Anova, EU e Espazo Ecosocialista. Porén, non o de Podemos, que na votación convocada para decidir se daban o apoio á Marea de Vigo ou a Vigo en Común non atinxiron o mínimo do 10% para que esa decisión fose válida. Mais, e tamén segundo o Faro, a dirección de Podemos estaría a debater se convocar outra asemblea ou ben desbotar xa se pronunciar nalgún apoio para as municipais.

Na Marea da Coruña o proceso para a elección do cabeza de lista tamén se saldou coa presentación dun único candidato.

Marea de Vigo tiña un proceso de primarias abertas para elixir cabeza de cartel de cara ao 24 de maio. Finalmente o coordinador de IU en Vigo foi o único que se postulou, polo que todo indica que vai ser o candidato da plataforma e, tamén como na Coruña, como produto do "consenso" entre os distintos componentes que a constituén.

Podemos non apoiará ningunha candidatura nas municipais de Vigo

Pola súa banda Podemos decidiu non apoiar ningunha das plataformas que están a preparar candidatura de cara ás municipais após non contaren con quorum na consulta desenvolvida entre a militancia. En troca, en Ourense a dirección provincial acordou dar o seu apoio a Ourense en común. 

Primarias na Marea da Coruña

Esta fin de semana a Marea Atlántica realizará as súas primarias para elexir os membros da candidatura para as municipais, que encabeza Xulio Ferreiro. Neste punto, as e os votanets poderán votar por el ou facelo en branco.

Varias listas preséntanse para o resto de postos da candidatura. A ‘Plataforma 14 de abril’ (xente de IU, Anova e Espazo Eco-socialista), Ardentía (impulsada por Compromiso por Galicia, Equo, Onda Verde), Cidadanía en Común (persoas promotoras da Marea) e Somos Coruña (con membros de Podemos).

Comentarios