MUNICIPAIS 2015

Rubén Arroxo, candidato do BNG en Lugo

A Asemblea Aberta da cidade elexiu a este mozo de 28 anos, adestrador de atletismo e cunha ampla traxectoria nos movementos sociais da cidade, como cabeza de lista. 

Rubén Arroxo
photo_camera Rubén Arroxo

Rubén Arroxo encabeza a proposta de lista para as municipais elixida na asemblea aberta do BNG realizada en Lugo, unha candidatura que este fin de semana, ao igual que a das outras cidades e vilas de referencia, deberá ser ratificada no Consello Nacional da organización nacionalista.

Arroxo é adestrador de atletismo e titulado en Arquitectura Técnica. Ten 28 anos e neste último lustro foi o responsábel de Galiza Nova na cidade amurallada. Unha militancia que partillou coa súa implicación e compromiso en colectivos estudiantís, ambientalistas ou culturais de Lugo.

 “Somos xente normal que queremos cambiar cousas nesta cidade”

“A organización decidiu que era unha boa opción que dese este paso, e ei tómoo con moito ánimo, con responsabilidade e con ilusión”, manifestou o cabeza de lista. Pontevedra ou Allariz, sinalou son modelos de concellos que desenvolven unha xestión que pode ser referencia para Lugo, apontou.

Destacou que a candidatura do BNG xorde dos debates, achegas e iniciativas no seo das asembleas abertas. Das oito persoas que encabezan esa listaxe, tres non militan no Bloque.

Primeiro tramo candidatura:

1.      Rubén Arroxo. 

2.      Maite Ferreiro. Ex-traballadora de Tragsa, vencellada ao sindicalismo agrario.

3.      Antón Somoza. Licenciado en Humanidades, vencellado ao asociacionismo cultural.

4.      Cristina Ferreiro. Enfermeira, Concellería do BNG e vencellada a diversas plataformas en defensa da sanidade pública.

5.      Daniel Cabana. Funcionario da Tesourería Xeral da Seguridade Social.

6.      Esther Fórneas. Profesora da USC e persoa vencellada ao mudo do ecologismo.

7.      Felipe Rivas. Desempregado e membro da plataforma de afectados polas preferentes.

8.      Marta R. Engroba. Vencellada ao asociacionismo contra a violencia de xénero.

Comentarios