O alcalde de Amoeiro, Rafael Rodríguez Villarino, superou a Noela Blanco na segunda volta das votacións para a designación do novo secretario xeral dos socialistas en Ourense. Rodríguez Villarino, a quen se vincula a Gonzalo Caballero, o actual secretario xeral dos socialistas galegos, sumou un amplo apoio nas agrupacións de Ourense, O Carballiño, Xinzo e Verín entre os 1.029 militantes, dun censo de 1.539, que acudiron a votar.
Ourense era a última das provincias onde estaba pendente a renovación da dirección socialista, e será a única na que se impuxo unha candidatura próxima á actual dirección do PSdeG liderado por Gonzalo Caballero desde outubro pasado, despois de que na Coruña fora elixido secretario xeral Valentín González Formoso; en Lugo, Álvaro Santos; e David Regades en Pontevedra.