Riotorto o primeiro concello en rebelarse contra o PP

Cos votos en contra do PP e a abstención do PSOE, o Concello lucense de Riotorto aprobou a segunda feira estudar as medidas necesarias para manteren a paga de Nadal @s traballador@s públicas. Neste senso, Riotorto convértese no primeiro concello en aprobar a medida anunciada polo BNG a pasada semana.
Concello de Riotorto
photo_camera Concello de Riotorto

“Nós estamos no Concello para defender aos nosos veciños e veciñas e non para aprobar medidas inxustas que os prexudican”, aseverou Federico Gutiérrez, alcalde de Riotorto, para defender o mantemento da paga @s empregad@s públic@s e rebelarse contra o Real Decreto-Lei 20/2011 que fixa unha redución retributiva para as persoas que traballan na administración. Esta segunda, o pleno municipal aprobaba cos votos a favor d@s concelleir@s do BNG procurar as medidas necesarias para compensaren a redución salarial promovida polo goberno español. O PP votou en contra da proposta antepoñendo os intereses partidarios ao benestar d@s veciñ@s e alegando os mesmos criterios que emprega o goberno español para defender as políticas de recorte, pola súa banda, o PsdeG-PSOE abstívose.

Federico Gutiérrez retrucou ao goberno español afirmando que o decreto-lei 20/2011 é unha “auténtica imposición” que no caso dos concellos “socava a autonomía local” ao pretender convertelos en cómplices da política de recortes promovida polo Partido Popular, coa que moitos deles discrepan. O alcalde de Riotorto, lembrou que este tipo de medidas xa se tivo ensaiado noutros momentos coma o actual, caracterizados pola crise económica, “e como resultado deu precisamente o contrario do que se perseguía”, pois asegurou, reducir o poder adquisitivo da clase traballadora –nomeadamente d@s traballador@s do sector público--, non contribúe a reactivar a economía senón que resente o consumo e pon en risco ao tecido comercial e empresarial da zona.

O Concello de Riotorto convértese deste xeito no primeiro en aprobar a medida anunciada a pasada semana polo BNG, na que a fronte nacionalista aseguraba que alí onde tivesen capacidade para facelo, manterían a paga extra @s empregad@s públic@s e a fin de “manter a calidade de vida da veciñanza do concello”, polo que non apoiaran as “políticas antisociais do PP”, asegurou Gutiérrez.

Mocións en todos os concellos
Así mesmo, @s nacionalistas anunciaron que presentarían mocións en todos os concellos nos que conten con representación coas que solicitarán o rexeite da corporación municipal ás medidas reguladas polo RD 20/2011, así como instarán ás alcaldías a adoptaren medidas compensatorias que manteñan o poder adquisitivo d@s empregad@s do sector público.

 

Comentarios