O PRAZO CONCLUíA O DíA 6

Rexístrase como coligazón electoral “Nós. Candidatura Galega”

Forman parte da coligazón o BNG, Fronte Obreira Galega, Partido Galeguista, Coalición Galega e o Partido Comunista do Pobo Galego.

“Nós. Candidatura Galega” foi rexistrada no día de hoxe na Xunta Electoral como coligazón electoral, da que forman parte o BNG, FOGA, Partido Galeguista, CG e o PCPG. O día 6 de novembro é a data tope para que os partidos comuniquen que se van presentar aos comicios xerais con outras formacións.

Non forma parte da coligazón Terra Galega, aínda que pedirá o voto para esta candidatura. O secretario xeral de TEGA, Guillermo Sánchez, anunciou que “apoiará a forza política que defenda os intereses dos galegos e galegas”. A este respecto a formación agradeceulle a Iniciativa pola Unión o convite a participar “abertamente” nas xuntanzas “mantidas sen dirixismos nin tapadeiras”. Sobre o Encontro Cidadán por unha Marea Galega, puxo de manifesto que "non esperabamos a postura da plataforma... ao non convidar ningunha forza galega que non teña representación no parlamento autonómico, porque para Terra Galega isto non é apostar por eses lazos de unidade que tanto esperan os galegos e galegas".

Comentarios