28-M

O rexedor máis veterano da Galiza, o franquista Senén Pousa, perde a Alcaldía de Beade

Co 100 % dos votos escrutados, o PP, encabezado por Fernando Taboada, logrou facerse con 3 dos 7 representantes da Corporación, baixando un edil; mentres que o PSOE logra 2 actas (unha menos) e, ademais da agrupación encabezada por Pousa, entra no Concello, un representante da Agrupación Veciñal Independente de Electores (Avide).
Alfonso Rueda, Senén Pousa e José Manuel Baltar nunha foto de arquivo (Foto: Xunta da Galiza).
photo_camera Alfonso Rueda, Senén Pousa e José Manuel Baltar nunha foto de arquivo (Foto: Xunta da Galiza).

Senén Pousa, alcalde de Beade desde 1974, logrou unha acta de concelleiro, tras presentarse como candidato pola Agrupación de Electores por Beade despois de ser apartado polo PP, e tras 49 anos deixará de ser rexedor desta localidade da comarca do Ribeiro.

Co 100 % dos votos escrutados, o PP, encabezado por Fernando Taboada, logrou facerse con 3 dos 7 representantes da Corporación, baixando un edil; mentres que o PSOE logra 2 actas (unha menos) e, ademais da agrupación encabezada por Pousa, entra no Concello, un representante da Agrupación Veciñal Independente de Electores (Avide).

Segundo o reconto tras estes comicios, o PP logrou 37,63% dos votos, fronte a 53,8% logrado en 2019; o PSOE tamén baixou, de 37,1 a 21,8%; e o BNG, que volveu a quedar fóra da corporación, tamén reduciu os seus apoios.

Pousa, polémico por declararse abertamente admirador de Francisco Franco, foi rexedor baixo as siglas de Coalición Democrática, Centristas de Galicia e polo PP. Con todo, Manuel Baltar apartouno para pór como cabeza de lista Taboada nesta cita electoral.

Quintela de Leirado

Por outra parte, outro dos alcaldes , máis veteranos da Galiza, o de Quintela de Leirado, José Antonio Pérez Cortés, rexedor desde 1976, volveu a revalidar a súa maioría absoluta en Quintela de Leirado. O candidato do PP logrou as 7 actas do Concello, con 87 % dos votos converténdose así no rexedor máis veterano da Galiza.

Así, con 100 % escrutado, o PP logrou 315 votos (fronte aos 385 de 2019) e o PSOE solicitou 38 apoios ( 13 menos que hai 4 anos).

Comentarios