Os resultados obtidos permítenlle o PP bloquear calquera iniciativa de reforma da Constitución

Os 124 asentos no Senado, onde os populares revalidan maioría, e os 123 escanos no Congreso dan ao partido de Rajoy o poder de impedir cambios no texto vixente.

Constitución española

A reforma constitucional só será posíbel se o PP o permite. O partido que menos interese e vontade ten na modificación do texto vixente é quen precisamente ten a chave para bloquear ou desbloquear unha hipotética reforma constitucional, cuestión que -en diferentes graos e intensidades- figura no programa electoral de PSOE, Podemos e Cs. Unha chave que lle dan os resultados: 123 deputados no Congreso e 124 escanos no Senado. O presidente de ERC, Oriol Junqueras, foi o primeiro en advertilo na noite electoral: “O PP ten unha minoría de bloqueo perante calquera intento de reforma da Constitución”.

Nos artigos 166, 167, 168 e 169 da CE establécense os mecanismos e condicións a cumprir para calquera reforma constitucional. Redactáronse con clara intención de 'blindar' o texto e exixir unhas maiorías amplas para a súa variación. Requírense maiorías cualificadas de 3/% tanto no Congreso como no Senado. E como corolario, un referendo, obrigatorio ou voluntario según os casos.

Así pois, sen o PP non hai reforma da Constitución. E para que os populares apoien esa variación, esta non podería afectar os seus alicerces, quer no territorial, quer na reforma do Estado, ou outras cuestións de calado... Sen PP, logo, ningunha reforma da CE sairá adiante. E con el, a reforma sería máis que nada unha “maquillaxe” da carta magna.

Comentarios