Toda a oposición reproba o alcalde de Ourense

O BNG lembra ao rexedor socialista que “lle demos mil oportunidades” e este enrócase: “Vou seguir, reprobado ou non reprobado”. O PP téndelle a man a Agustín Fernández para "garantir a gobernabilidade"

Toda a oposición reprobou esta sexta feira a Agustín Fernández, alcalde socialista de Ourense, e no epicentro da polémica e de escándalos varios desde hai uns meses. Se ben por motivos distintos, PP, BNG e DO coincidiron á hora de votar pola reprobación do rexedor da cidade das Burgas.

Desde as filas nacionalistas lembróuselle a Fernández que se lle deu mil oportunidades de rectificar, mais que optou por non atendelas. Aliás, considera que o goberno local actualmente está mergullado en “neopotismos” e “maquiavelismos” que o alonxan dos intereses e das necesidades cidadáns.

Desde o PP acusaron aos socialistas de perder o rumbo, mais de seguido ofreceronse a colaborar na gobernabilidade.  O voceiro nacionalista, Xosé Somoza, aproveitou esa oferta popular para botar man da ironía e decirlle aos socialistas que a solución estaría en sumar os seus 1 concelleiros aos 11 do PP, e escoite ao voceiro popular, que continuamente se ofrecer para gobernar. Mire por el, porque xa non se diferencian en nada”.

Comentarios