Salceda

Renuncia o alcalde de Salceda Marcos Besada

Marcos Besada emitiu un comunicado onde renuncia a presentarse á alcaldía de Salceda, localidade que goberna desde 2007. Abandona a primeira liña política e non recollerá a acta de concelleiro após a súa formación, Movemento Salceda, perder a súa condición de forza máis votada, aínda que un posíbel pacto co PSdeG lle permitiría manter o bastón de mando.

61474443_1422277217909167_3733001096247902208_n
photo_camera Besada coa candidatura de Movemento Salceda

O alcalde de Salceda, Marcos Besada, emitiu un comunicado onde anuncia que non se presentará á alcaldía e que renuncia a recoller a acta de edil.

Abandona por tanto a primeira liña política após os resultados das eleccións do 26 de maio. A formación que liderou até hoxe, Movemento Salceda (enmarcada no espazo político da En Marea de Luís Villares), pasou de ser a máis votada en 2015 con 2.201 votos a quedar no segundo posto por detrás do PP con 1.481 apoios. Movemento Salceda perdeu dúas actas o pasado domingo mais Besada aínda tiña posibilidades de manterse na alcaldía catro anos máis pactando co PSdeG, xa que xuntos superan o Partido Popular.  

Abandona por tanto a primeira liña política após os resultados das eleccións do 26 de maio



Besada considera no seu comunicado que os resultados  do 26 de  maio significaron un punto de inflexión e chama a un acordo entre as forzas da esquerda para “continuar  xuntos, respectando  as  nosas  lexítimas  diferenzas, nun  proxecto de cambio e transformación iniciado non 2007 e que  non debe  ter marcha atrás". Naquel ano Besada alcanzaba a alcaldía baixo as siglas do Bloque Nacionalista Galego que máis tarde abandonaría.

Loli  Castiñeira, número dúas da candidatura, asumirá “desde xa”, indica Besada, a dirección e coordinación  de Movemento Salceda.

No comunicado tamén sinala que "os resultados  electorais precipitaron o  xa previsto:  sempre  foi ou  meu  desexo, e  tamén  unha reflexión colectiva, que  unha  muller debería ser por fin a que  rexira  democraticamente vos destinos e intereses colectivos da  cidadanía de Salceda, algo que  non  aconteceu”.

Comentarios