Reino propón "un grande acordo de país" en defensa do público

Galicia en Común- propón un gran "pacto por Galicia" na defensa e fortaleza do público.
 
Gómez-Reino presentou onte a proposta 'A Galicia do futuro'.
photo_camera Gómez-Reino presenta a proposta 'A Galicia do futuro' (Imaxe: Nós Diario)

A formación liderada por Antón Gómez-Reino, Galicia en Común, urxiu esta terza feira, 5 de maio, ás forzas políticas e sociais a alcanzar "un grande acordo de país" para a reconstrución logo da pandemia, impulsar a economía e garantir a protección sanitaria.

A coalición de Reino xa presentou a súa proposta para chegar a ese acordo, e denominouna "A Galicia do futuro". “Propoñemos un grande acordo de país, polo futuro, polo público e polo común. Isto é o que nos demanda a sociedade, un acordo que nos integre a todas e a todos e afastado dos intereses e lóxicas partidistas”, manifestou o voceiro da coalición. Reino fixo fincapé na urxencia de defender o público e o común "fronte á fraxilidade na que fica Galiza logo dunha década de recortes".

A proposta de Galicia en Común está fundamentada sobre cinco piares fundamentais. O primeiro pasa polo reforzo inmediato dos recursos orzamentarios para blindar o público, esencialmente a sanidade e a protección social. En segundo lugar, a reactivación da economía galega e a modernización do modelo produtivo; o fortalecemento dos coidados; a mellora do sistema fiscal e do reparto de fondos e, por último, un amplo consenso político e social para potenciar a posición de país no Estado e ante as institución europeas.

Comentarios