Reino apela a unha gran mobilización democrática que “rompa co pasado”

O candidato de Galicia en Común á Presidencia da Xunta, Antón Gómez-Reino, esperou que na xornada electoral deste domingo 12 de xullo teña lugar unha "importante mobilización democrática" que "rompa co pasado".
 
Antón Gómez-Reino votou na Coruña.
photo_camera Antón Gómez-Reino votou na Coruña.

No centro cívico da Cidade Vella, na Coruña, votou o candidato á Presidencia por Galicia en Común, Antón Gómez-Reino. “Ten que haber unha importante mobilización democrática, cívica, con calma, pero tamén con determinación”, dixo, e animou a que todo o mundo exprese o seu parecer co voto. 

“É un día para fortalecer a democracia, por iso chamamos a que haxa mobilización democrática, para romper coa resignación e co pasado e para construír a Galiza que queremos e o futuro”, aseverou. 

Preguntado polos medios, Reino amosou o seu apoio á veciñanza da Mariña, onde se rexistrou un rebrote de contaxios por  Covid-19 que implicou a restrición da mobilidade en varios municipios, e asegurou que se percibiu unha "indignación democrática" por parte de "moita xente que non entende que se vaia prohibir o voto a centenares de persoas no século XXI", en alusión aos positivos que a Xunta deixa sen dereito ao sufraxio ao non estabelecerse ningunha medida alternativa para que poidan votar. 

Comentarios