Reino apela a cidadanía a expresar “a vontade de facer un país diferente”

O candidato de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino, apelou este sábado de reflexión a as galegas e os galegos expresen nas urnas “democraticamente a súa vontade de facer un país diferente a partir do día 13 de xullo".
 
Antón Gómez_Reino, canddiato de Galicia en Común á Xunta (Imaxe: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
photo_camera Antón Gómez_Reino, canddiato de Galicia en Común á Xunta (Imaxe: Álvaro Ballesteros / Europa Press)

O candidato á Presidencia de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino, aproveitou a xornada de reflexión das eleccións galegas para darse un mergullo na cala de San Roque, na Coruña.

En declaracións aos medios, valorou o carácter "diferente" dunha campaña que implica unha xornada de reflexión tamén "diferente". "En primeiro lugar, porque hai moita xente na Mariña que aínda continúa coa incerteza de saber se pode votar, sen saber se pode ou non moverse da zona", explicou, sobre o brote da Covid-19.

A iso engadiu que as galegas e galegos "continúan sen saber" e "sen ter indicacións claras" de "como se vai a garantir o dereito a voto e á saúde de parte da poboación do país".

Así, Gómez-Reino dixo que "toca reflexionar" e "pensar no que ocorreu nos últimos anos, mais tamén nos últimos días", para este domingo "actuar en consecuencia" nas urnas do 12-X.

"Suceda o que suceda, a partir do día 13 Galicia en Común vai estar traballando para buscar acordos e, sobre todo, para atender os problemas, as demandas, os desexos e as preocupacións da cidadanía galega", sentenciou o candidato.

Comentarios