Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso, defendeu na súa intervención no Pleno o voto a favor da investidura de Sánchez. E argumentouno en dous motivos: o acordo en base á ‘axenda galega’ e para facer fronte a unha ultra dereita “que nos terá sempre enfronte”.
Rego dixo que nas circunstancias actuais, “por Galiza e pola democracia” o BNG votaría si nesta investidura ao candidato socialista. E ese si, explicou, débese a que se acadou un “acordo en torno á axenda galega que mellora a calidade de vida dos galegos e galegas” e a que “fronte a esta ultra dereita españolista non caben vacilacións”.
Rego iniciou a súa intervención citando Castelao: “Galiza deixará de loitar pola liberdade cando a conquira”, e le4mbrou que tal día como esta terza feira, 7 de xaneiro, hai máis de 70 anos, o rianxeiro morría no “exilio” onde estaba por mor da “barbarie fascista”.
O nacionalista rematou a súa intervención volvendo a empregar 'obrigado'.
Intervención de @NestorRego na #Investidura: "Como Castelao defendemos Galiza e a democracia, e iso lévanos votar si a investidura". pic.twitter.com/VIFeFPfy1d
— BNG (@obloque) January 7, 2020