Investidura

Rego: “Defender Galiza e a democracia lévanos hoxe a votar si”

O deputado do BNG iniciou a intervención citando Castelao, “morto no exilio un 7 de xaneiro de hai 70 anos pola barbarie fascista”.

nestor rego
photo_camera Néstor Rego durante a súa intervención no Congreso (Congreso).

Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso, defendeu na súa intervención no Pleno o voto a favor da investidura de Sánchez. E argumentouno en dous motivos: o acordo en base á ‘axenda galega’ e para facer fronte a unha ultra dereita “que nos terá sempre enfronte”.

Rego dixo que nas circunstancias actuais, “por Galiza e pola democracia” o BNG votaría si nesta investidura ao candidato socialista. E ese si, explicou, débese a que se acadou un “acordo en torno á axenda galega que mellora a calidade de vida dos galegos e galegas” e a que “fronte a esta ultra dereita españolista non caben vacilacións”.

Rego iniciou a súa intervención citando Castelao: “Galiza deixará de loitar pola liberdade cando a conquira”, e le4mbrou que tal día como esta terza feira, 7 de xaneiro, hai máis de 70 anos, o rianxeiro morría no “exilio” onde estaba por mor da “barbarie fascista”.

O nacionalista rematou a súa intervención volvendo a empregar 'obrigado'

Comentarios