Referendos simbólicos en 9 cidades e vilas galegas en apoio ao 1-O

Organizada por Galiza Nova, a iniciativa é un apoio ao pobo catalán ao tempo que unha denuncia da actitude “antidemocrática” do Estado español. En Ribeira o concello denegou o permiso para o acto.

galiza nova refrendo catalunya vigo
photo_camera Votación en Vigo. Imaxe: GN de Vigo

Continúan a se suceder en Galiza actos e iniciativas en apoio ao refrendo do 1-O e do dereito á autodeterminación do pobo catalán. Na tarde desta sexta feira, decorren en 9 cidades e vilas galegas referendos simbólicos organizados por Galiza Nova.  “Unha votación simbólica para amosar apoio á convocatoria de referendo deste domingo en Catalunya e ao mesmo tempo reivindicar os dereitos de Galiza como nación e o seu dereito á autodeterminación”, informa as mocidades do BNG nun comunicado.

DK55oiJWkAEYO7J

Mais estas consultas queren, tamén, ser un “prostesta” e un acto de “defensa das liberdades democráticas” fronte á “actitude ditatorial, violenta e antidemocrática coa que está actuando o estado español”. Os lugares onde .se realiza a votación son Pontevedra, Compostela, Vigo, A Coruña, Ferrol, Lugo, Moaña e Allariz. En Ribeira, o concello denegou permiso para ester acto, segundo denuncian desde GN e BNG da localidade barbanzá, no que é a segunda negativa do consistorio a unha iniciativa sobre o referendo catalán.

"Quere que Galiza sexa un estado independente en forma de república?". Esta era a pregunta que figuraba na papeleta de votación, a imitación da que este domingo se votará en Catalunya

Comentarios