'Recuperar María Pita': Marea Atlántica presentarase ás municipais na Coruña

A plataforma entende que acadar 2.800 sinaturas de apoio permiten valorar unha ‘’candidatura cidadá de confluencia” na cita das locais.

Marea atlántica
photo_camera Marea atlántica

Marea Atlántica fai unha valoración moi positiva das 2.800 sinaturas acadadas en apoio e validación do seu manifesto. Un respaldo que indica, consideran da plataforma, que hai condicións para presentar unha “candidatura cidadá de confluencia” nas eleccións municipais de maio de 2015.

Marea Atlántica tamén valora positivamente os contactos mantidos con diversos actores, que no plano político levoulle a manter xuntanzas de contacto con Anova, Esquerda Unida, BNG, Equo, Compromiso por Galicia, Espazo Ecosocialista e Partido Humanista. ·Só Podemos quedou fóra, malia existir conversas informais e incluso participación dalgúns dos seus membros nas mareas, ao estar esta formación nun proceso propio tras o cal se abrirá un diálogo entre as partes”.

Marea Atlántica, así mesmo, falou da xuntanza deste sábado de marés municipalistas galegas para conversar sobre posibles cuestións en común e dun acto público masivo o 17 de outubro para dar comezo á nova etapa do proceso, así como unha Marea Viva en decembro na que se dea xa forma á iniciativa coa recollida de todo o traballo das distintas mareas da Coruña.

Comentarios