Reclaman para Ons un retén de urxencias operativo tamén de noite

O BNG exixe unha rectificación por parte da Xunta e que manteña profesionais da saúde na illa en horario nocturno para que unha chamada de socorro non fique suxeita ao custo dese servizo
photo_camera Imaxe: flikr AndyRoberts

O deputado do BNG Bieito Lobeira vén de rexistrar unha iniciativa parlamentaria na que exixe a permanencia dun retén de urxencias sanitarias na illa de Ons. Denuncia o nacionalista "a falta" deste servizo pese á especificidade insular do lugar, polo que reclama por parte do Goberno galego "unha rectificación" e que amplíe a atención tamén durante as horas da noite para garantir un servizo de salvamento "universal e gratuito".

Así as cousas, Lobeira alude aos gastos derivados dunha chamada de socorro, no suposto dun accidente nocturno, polo que preguntará quen debe abonalos, se @ doente ou a persoa que chama para solicitar o servizo dun helicóptero. A través desta iniciativa, o nacionalista quere por de manifesto "a precaria situación" de Ons, e asegura que a chamada de socorro estará condicionada polo custo desa atención demandada.

Comentarios