[EN AMPLIACIÓN]

A receita do Goberno estatal na loita contra o coronavirus: recentralización total

A autoridade en todo o Estado será o Goberno e todos os corpos policiais dependerán de Marlaska

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, preside o Consello de Ministros extraordinario para aprobar medidas para conter o coronavirus [IMAXE: Europa Press]
photo_camera O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, preside o Consello de Ministros extraordinario para aprobar medidas para conter o coronavirus [IMAXE: Europa Press]

A declaración do estado de alarma en todo o Estado español supón que “a autoridade competente en todo o Estado será o Goberno de España”, vén de anunciar o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, tras o Consello de Ministras e Ministros que aprobou este decreto.

En virtude desta decisión, os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e todos os corpos policiais autonómicos e locais quedarán baixo as ordes directas do ministro de Interior, Fernando Grande Marlaska. 

Comentarios