Recado de Casado a Feixóo: "Estiven esperando a que alguén apresentase un proxecto mellor có meu e non foi así"

A opción coa que ninguén contaba vai a por todas. "Apreséntome para gañar", dixo. Pablo Casado defínese como "o candidato dos afiliados e os militantes".

pablo casado PP
photo_camera Pablo Casado

O plan que en teoría deseñara Raxoi o día en que anunciou o seu abandono da presidencia do PP -unha sucesión ordenada, unha solución de consenso- estourou polos aires. Un dos dirixentes top do partido, Pablo Casado, acaba de comparecer perante os meios, na Rúa Génova, no seu primeiro acto como candidato. Non son balas de fogueo as que utiliza. Non é a lebre que lanza o campeón para facer récord mundial. Casado non vai de farol. "Estiven esperando a que alguén apresetnase un proxecto mellor ou co que me sentise representado e non foi así", dixo en alusión á incomparecencia até o momento do trío de favoritos -por esa orde Feixóo, Soraya e Cospedal. "Se me apresento é para gañar, non podemos continuar a arrastrar os pés", engadiu.

O seu target? Os votantes desencantados que apostan agora en Cs. O seu discurso primario? O antinacionalismo: "Quero liderar a España dos balcóns, a España que quitou a bandeira contra o independentismo. Mañá presentarei unha equipa renovada no que caben todos e no que hai espazo para moita xente".

Comentarios