Rajoy xa ten o deputado número 176

Nueva Canarias apoiará os orzamentos xerais do estado a cambio dunha serie de compromisos e investimentos para as illas.

Rajoy votando no Congreso
photo_camera Rajoy votando no Congreso

Mariano Rajoy xa ten o deputado que lle faltaba, o 176, e asegura así o apoio de parlamentares necesarios para sacar adiante os orzamentos xerais do estado. A executiva de Nueva Canarias deu esta fin de semana o visto bo ao pacto acadado cos populares e que se traduce en que até final de ano actuacións e medidas por valor de máis de 200 millóns de euros se van aplicar nas illas.

Por exemplo, elevar a bonificación ao transporte de pasaxeiros entre illas até 75% e até 100% en mercancías. O acordo tamén inclúe unha partida de 21 millóns de euros para emprego, outra de 12 millóns para políticas sociais e investimentos de 44 millóns de euros na rede viaria.

O PP, pois, ten o apoio dos seus 137 deputados, aos que se engaden os 32 de Ciudadanos, os 5 do PNV e, agora, o de Nueva Canarias. 

Comentarios