Rajoy someterá á executiva do PP as 6 condicións de Rivera

Insiste en que de se manter o PSOE no 'non' na investidura “haberá terceiras eleccións”.

rivera-rajoy

Pasada a ponte destes días terá lugar o 17 de agosto a executiva do PP á que Mariano Rajoy someterá as 6 exixencias propostas por Ciudadanos para dar o seu apoio a unha investidura. “Todo o fago por España”, afirmou Albert Rivera para explicar o cambio de postura de Cs, que dun non rotundo a investir Rajoy pasou a abrir a porta á abstención e agora a negociar a súa investidura. “É a opción menos mala”, emgadiu o catalán. Rivera e Rajoy mantiveron esta cuarta feira unha xuntanza, reunión á cal o líder do PP acudía coñecendo xa as seis condicións que Ciudadanos lle poñía para apoialo. Ningunha delas de carácter económico, territorial ou social relativas a medidas aprobadas nestes catro anos e que sxeraron ampla conestatción, senón centradas en 'rexeneración' política. Un bo exemplo de que apenas hai diferencias entre ambas as dúas nas outras cuestións.

Mariano Rajoy afirmou que será a executiva do PP quen valore se apoia ou non esas seis condicións e nin sequera deixou algunha idea sobre cando podía ser a investidura. “Xa veremos”, afirmou o presidente en funcións, que cualificou de “bo para España” o movemento de Ciudadanos do non a negociar condicións para investilo.

Co Si de Ciudadanos bastante máis perto do que estaba hai 24 horas, Rajoy adicouse a apontar cara a outra peza, o PSOE. E volveu repetir o que dixo a semana pasada: “se Sánchez se mantén no non, repítense as eleccións”. E engadiu que fará todo o posíbel para convencer o secretario xeral dos socialistas para que modifique o seu posicionamento. Non varía pois Rajoy a súa idea inicial de turrar cara a unha 'gran coligazón', se non de goberno polo menos de investidura, que lle poña a ponte de prata para recuncar como presidente.

Comentarios