Todo "é falso", di Rajoy

Comparece por fin Rajoy. Unha hora de demora. Ao final non anuncia nen demisións nen cesamentos. "Todo é falso". "Non vin á política para gañar diñeiro", dixo e alegou que como rexistrador da propiedade gañaba máis que como político.
Mariano Rajoy
photo_camera Mariano Rajoy

Rajoy anunciou que vai publicar na web da Moncloa a súa declaración da renda e patrimonio, embora está claro que nelas non irían figurar as cantidades en negro que pretensamente ten recibido provenientes das contas de Bárcenas.

Dixo que o PP non ten contas en ningún país estranxeiro, en relación aos depósitos de Bárcenas en Suíza.

Referiuse á "historia dos sobres que presuntamente corrían polos corredores desta casa". Dixo que as "infamias se disfrazan de presuntas". Para el, todo son infundios espallados "por quen cre que ten algo de gañar en río revolto".

Anuncia que publicará a súa declaración, mais nela está claro que non figurarían as cantidades en negro

Rajoy opta, por tanto, polo negacionismo.

"Todas as nosas retribucións axustáronse á máis estrita legalidade durante todos estes anos", afirmou Rajoy, quen tildou de "apócrifos" [falsos] os apuntes contábeis de Bárcenas [análises grafolóxicas testemuñan que os manuscritos si pertencen ao ex tesoureiro do PP]. "Lamento o dano que fan ao PP e o que de facto están a facer a España. Iso é todo o que van tirar" de proveito, desafiou.

Falou de "ataques" que pretenden "desacreditar o partido e o Goberno de España", mais non identificou en ningún momento @s autores deses ataques.

Lamentou o papel de Rubalcaba por "emprestar crédito" ao que cualificou de "insinuacións".

Rajoy afirmou acreditar na xustiza. "A sombra dunha sombra dun indicio manipulado non pode servir para que calquer español perda a presunción de inocencia. Caso contrario, acabaremos por viver nun país inhabitábel, que eu non desexo nin para min nin para os meus fillos nin para ninguén".

Foron 15 minutos. Sen opción a que @s xornalistas puidesen perguntar.

Comentarios