"Sobresoldos no PP? Si, home", ironiza Rajoy

Elusivo como sempre, Rajoy bota man da ironía para despachar as primeiras perguntas sobre os pagamentos en negro a funcionarios e dirixentes do seu partido. "Sobresoldos no PP? Si, home", contestou aos xornalistas en Almeria.

Primeira aparición pública de Rajoy após de publicarse que durante 2 décadas liberados e dirixentes do seu partido cobraron en negro cantidades que oscilaban entre os 5.000 e os 15.000 euros mensais. Esta práctica tamén se tería realizado durante o período en que Rajoy foi secretario xeral do partido.

O presidente do PP non negou directamente a información publicada por El Mundo. Acubillouse no tópico de que de haber condutas improprias non lle tremería a man. Mas en ningún caso avanzou a abertura de ningunha investigación interna no seo do seu partido. E tampouco ofreceu ningunha explicación satisfactoria de por que Bárcenas, desvinculado en teoría do PP desde Abril de 2010, mantén despacho na sede de Génova.

En Almeria Rajoy referiuse ao congreso que o PP realiza esta fin de semana en Galiza. Precisamente foi durante o período de Manuel Fraga como presidente cando comezaron a sistematizarse os pagamentos en negro, orquestrados polo tesoureiro Luís Bárcenas, figura fulcral na trama Gurtel.

Comentarios