"Equivoqueime", di un Rajoy que foxe de asumir responsabilidades políticas

O presidente do goberno español recoñece na súa comparecencia ante o pleno do Congreso que errou ao confiar en Luis Bárcenas. "Dinlle crédito, era unha persoa de confianza". Rajoy tamén admite "complementos salariais" no PP, mais di que foron declarados. Rajoy confesou que se equivocara, mais fuxiiu de asumir calquer tipo de responsabilidades políticas. A oposición pídelle que demita. Non o vai facer.

Rajoy
photo_camera Rajoy

O presidente do goberno español recoñece na súa comparecencia ante o pleno do Congreso que errou ao confiar en Luis Bárcenas. "Dinlle crédito, era unha persoa de confianza".

"Fieime del e apoieino, si, como apoiaría a calquera que sofre unha persecución inxusta", manifestou un Rajoy que está a xogar a carta na súa intervención de que actuou de boa fe. O presidente español iniciou a intervención nomeando Bárcenas e dicindo que non fuxía de abordar esta cuestión. Iso si, indicou que comparecía para evitar o deterioro da imaxe de España no exterior.

"Evitense o ridículo, señorías, de dicir que me trouxeron a rastras"

A continuación, 10 minutos nos que debullou indicadores e datos que, aseverou, sinalan que o Estado español está a saír da crise.

Complementos salariais

Acabada a listaxe de 'brotes verdes', Rajoy falou do caso Bárcenas: Dixo que o seu erro foi confiar nun falso inocente. E en base a iso trazou a súa estratexia. Recoñeceu, iso si, que no PP houbo "soldos e complementos", engadindo que "foron declarados".

O presidente recoñece que no PP houbo sobresoldos ("complementos" salariais) mais di que foron en A e declarados ante Facenda

O mandatario español apelou en varias ocasións a que son os xulgados os que teñen que opinar e a retirar o 'caso Bárcenas' dod ebate político. E iso por 2 cuestións: non danar a "imaxe de España" e polo "dereito á presunción de inocencia", que é algo recoñecido "polas declaracións de dereitos humanos que andan polo mundo adiante".

Rubalcaba: "Pídolle que se marche"

A quenda do líder da oposición, Pérez Rubalcaba, comezou dicíndolle a Mariano Rajoy que estaba alí non por vontade persoal "senón porque o tivemos que traer". O socialista solicitou ao presidente español "que marche" pois é "un problema para España".

Rubalcaba lembroulle a Mariano Rajoy que ""o seu partido gañou eleccións aupado nun sistema de financiamento ilegal durante máis de 20 anos" e  que "a contabilidade de Bárcenas, a B, está directamente relacionada coa contabilidade A, do PP. Así o demostra sentenza policial".

O soberanismo: Non é Rajoy, é este Estado

Os voceiros de Amaiur, ERC e BNG coincidiron nas súas respectivas comparecencias en sinalar que, alén do 'Caso Bárcenas' e o financiamento ilegal do partido gobernante, a chave sobre a que se centrar é o Estado español, un modelo en crise "económica, política, institucional e democrática".

Olaia Fernández, do BNG: "Señor Rajoy, disolva as cortes e, xa de paso, disolva o PP"

Estas tres forzas soberanistas e de esquerdas coincidiron en demandar a demisión de Rajoy e en instar ao goberno español a respectar o dereito a decidir da nación galega, vasca e catalá, así como a unha maior democracia para a cidadanía.

IU: rexeneración

Cayo Lara, de Izquierda Unida, exixiu a Rajoy que demita e qyue convoque eleccións "por rexeneración democrática". Acusou ao PP de estar o servizo do gran capital e de "equivocarse, tanto cos 'hilillos' como cos amigos", enr eferencia o Prestige e a Bárcenas.

Comentarios