Rajoy deixa entrever que el seguirá en Madrid e Feijóo repetirá candidatura á Xunta de Galiza.

Mariano Rajoy Rueda Núñez Feijóo PP
photo_camera Mariano Rajoy, Rueda e Núñez Feijóo. IMaxe: PP

Repetirá Núñez Feijóo á presidencia da Xunta? A pregunta que se fan no PP, e non só no PP, terá resposta nos vindeiros días. Se ben esta fin de semana o propio Mariano Rajoy deixaba entrever no congreso provincial do PP pontevedrés que Feijóo seguiría en Galiza e el propio en Madrid, falla unha confirmación firme do propio implicado, para alén de insinuacións ou mensaxes máis ou menos alti-sonantes (“Ser presidente de España é unha gran honra e Rajoy sábeo, pero ser galego e presidente de la Xunta , eso merece a pena”)

Feijóo anunciou esta segunda feira que nos “vindeiros días” comunicará ao líder do PP, Mariano Rajoy, se repite ou non como candidato á Xunta de Galiza. Díxoo durante unha entrevista en Onda Cero, recollida por Europa Press, e na que tamén afirmou que non descarta deixar a política. Insistou en que a súa vontade é despexar a incógnita antes de que se cumpran 7 anos á fronte da Xunta, o que acontecerá o 18 de abril. Unha decisión que tomarán, dixo, con calma e coa tranquilidade de cumprir coa renovación provincial do PP e tendo en conta que el mesmo afirmou “que 2 lexislaturas á fronte da Xunta eran suficientes”.

Feijóo considera que o debate non é se “Madrid ou Galiza”, senón que se se ve a si propio coa “ambición política de abondo para volver ser presidente dos galegos” e vai seguir na política, ou se ben vai “inciiar outra actividade profesional”. O mandatario autonómico quixo deixar claro que el non pretende reemprazar Rajoy. “Ninguén pretende substituílo, e se alguén pretende iso, eu estarei en contra”.Tamén apontou que de se presentar, o seu obxectivo será repetir a maioría absoluta.

Comentarios