Rajoy dá as grazas aos pontevedreses "que saíron ás rúas" contra a súa declaración como 'non grato'

O presidente en funcións dixo en 13TV sentir “dor” pola decisión do pleno pontevedrés. “Podería dicir que me importa unha figa o que digan estes señores, que son uns radicais e tal, mais non, tampouco lles teño manía”.

Mariano Rajoy_PP
photo_camera Mariano Rajoy

Mariano Rajoy confesou nunha entrevista en 13TV sentir “dor” pola súa declaración como persoa 'non grata' en Pontevedra, afirmando que se sinte “moi pontevedrés” e lembrando que nesta cidade ten pasado boa parte da súa vida, onde ten moi boas amizades e a onde regresa en vacacións.

“Podería dicir que me importa unha figa o que digan estes señores, que son uns radicais e tal, mais non, tampouco lles teño manía”, manifestou na entrevista, opinando que o alcalde, Fernández Lores, “non debería telo feito” porque, dixo, “nin el propio o cre”. A moción para declaralo 'non grato' foi impulsada por Marea e PSOE e contou co apoio no pleno dos votos do BNG e o voto en contra de Ciudadanos. Os edís do PP marcharon da sesión antes da votación deste punto.

Comentarios