Rajoy cobrou sobresoldos cando era ministro: 42.000 euros anuais dentro dunha caixa de puros

Os orixinais dos papeis de Bárcenas mostran que de 1997 a 1999, cando era ministro de Aznar, Mariano Rajoy recibía cartos en metálico “dentro dunha caixa de puros”. Uns sobresoltos que son ilegais. A nova documentación de pagamentos en B, xa en poder da Audiencia Nacional, afectaría tamén a Arenas, Cascos e Rato

Rajoy
photo_camera Rajoy

Unha caixa de puros, o tabaco do que tanto gosta Mariano Rajoy, está a poñer ao presidente contra as cordas. Os orixinais dos papeis do ex-tesoureriro do PP Luis Bárcenas que estes días está a desvelar El Mundo (anteriormente, fixérao El País) apuntan a que Rajoy cobrou sobresoldos ilegais durante tres anos, de 1997 ao 1999. Neses anos, Rajoy era ministro do executivo de Aznar. Uns sobresoldos que se lle entregaban dentro dunha caixa de puros.

Rajoy, sempre segundo a contabilidade B de Bárcenas tería recibido salarios extra en metálico. Entregábaselle persoalmente, nunha cantidade que rondaba os 42.000 euros anuais, no interior dunha caixa de puros.

Eses papeis están xa en disposición da Audiencia Nacional. Segundo os medios españois, nesa documentación habería papeis con listaxes de sobrepagamentos feitos a ministros naqueles anos como Rodrigo Rato, Arenas ou Cascos

Filtración á rede e indignación 'popular'

A este sarillo no que está o PP uniuse nas últimas horas a filtración por un descoñecido de parte da contabilidade do Partido Popular entre os anos 1990 e 2011. Milleiros de páxinas que se poden ver en BayFiles e que están a ser comentadas na rede a través do HT #cuentasdelPP.


 

Comentarios