Quince millóns de euros para escolas artísticas galegas ficaron sen executar

A cifra corresponde a partidas para mantemento entre os anos 2016 e 2018.

 

PP rexeitou en comisión una proposta socialista para pedirlle ao goberno galego que executara os 38,6 millóns de euros orzamentados en 2019 para equipación e mantemento nos centros de ensinanzas artísticas. O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, afirmou que o goberno galego leva acumulados 15 millóns sen executar correspondentes a este programa entre 2016 e 2018.

O parlamentar socialista advertiu que “non entendemos por que se orzamenta sistematicamente preto de 40 millóns de euros cada ano e executen entre 30 e 35”. Acusou o goberno galego de manter unha partida “inflada sistematicamente, e que se emprega para dotar ao longo do ano con modificacións orzamentarias outras que carecen de orzamento suficiente”.

Apunta que o goberno galego xa deixou sen executar 4,5 millóns de euros en 2016, 5,6 en 2017 e perto de 4,9 en 2018 correspondentes a un apartado que, xunto co programa de prevención do abandono escolar, estase a converter no “buque insignia da desfeita do cumprimento das previsións orzamentarias do goberno galego”.

Comentarios