Deputadas e deputados

Quen é quen... no Congreso e o Senado?

O 28A Galiza escolleu un total de 23 deputadas e deputados para o Congreso e 16 ao Senado. Coñece quen son as persoas que terán o deber de representar ás galegas e galegos na vindeira lexislatura.

escanos
photo_camera Reparto de escanos na Galiza

Unha vez coñecidos os resultados da campaña electoral máis mediática e tensa dos últimos anos, 23 galegas e galegos terán o deber de representar a Galiza no Congreso dos Deputados e 16 no Senado. Coñecemos quen é cada quen:

 

A Coruña

cancelaPilar Cancela Rodríguez (PSdeG)

Nada en Stuttgart, en 1967.


De nai e pai emigrantes, viviu de pequena entre Alemaña e Venezuela. Estudou Dereito na USC e é funcionara de carreira no corpo superior da administración galega.

Xa resultara electa deputada do Congreso na anterior lexislatura e integra a comisión executiva federal do PSOE.

aranguena 400Pablo Arangüena Fernández (PSdeG)

Naceu na Coruña en 1973.

É avogado en exercicio na Coruña. Foi o letrado que denunciou en 2011 as irregularidades nas prexubilacións dos antigos directivos de Novacaixagalicia.

É vicepresidente da Asociación Libre de Avogados de Galiza e foi técnico de comercio exterior na oficina comercial da embaixada de España en México.

Participa en diversos medios de comunicación e é vicesecretario xeral do PSdeG.

montseMaría Montserrat García Chavarría (PSdeG)

Nada en Riotorto, en 1968.

É a secretaria de Coordinación territorial do PSdeG na Coruña, ademais de concelleira e portavoz municipal do seu partido no concello das Pontes.

Tamén foi deputada provincial desde o 2007 até 2015.

marta glezMarta González Vázquez (PP)

Naceu en Santiago, en 1965.

É licenciada en Historia e doutora na especialidade de Historia Medieval. En 2003 incorporouse á Xunta como directora xeral do Servizo Galego de Igualdade, do que en 2009 foi secretaria xeral.

Foi deputada pola Coruña durante as X, XI e XII lexislaturas. Actualmente é a vicesecretaria xeral de comunicación do PP.

tristanaTristana María Moraleja Gómez (PP)

Naceu en 1971 en Lugo.

É deputada no Congreso pola Coruña desde 2011 e licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais. Conta cun mestrado en Administración Financieira e Tributaria. É xefa territorial da Consellaría de Economía e Industria na Coruña.

ferroMaría Valentina Martínez Ferro (PP)

Naceu en Santiago de Compostela en 1976.

É licenciada en Ciencias Políticas e da Administración e conta cun mestrado en Estudos Europeos pola Universidade Católica de Lovaina. Ademais tamén é diplomada polo Institut d’ Etudes Politiques.

Foi deputada do Partido Popular por Madrid desde 2011 e portavoz adxunta na Comisión de Cooperación. Foi membro da Comisión de Asuntos Exteriores do Congreso.

2019041220212667100Antón Gómez Reino (En Común-Unidas Podemos)

Naceu na Coruña en 1980.


É o actual secretario xeral de Podemos en Galiza e desde 2015 ten escano coma deputado nas Cortes Xerais (daquelas pola candidatura de En Marea). É técnico de laboratorio en bacteroloxía.

Traballou como autónomo durante anos xestionando unha pequena tenda e despois xestionado unha produtora alternativa do ámbito musical. Forma parte da Marea Atlántica na Coruña.

martaMarta Rivera de la Cruz (Ciudadanos)

Naceu en Lugo en 1970. É licenciada en Ciencias da Información e especialista en Comunicación Política pola Universidade Complutense de Madrid.

Foi deputada por Madrid na anterior lexislatura do Congreso, representando a Ciudadanos. É escritora en lingua castelá e colaboradora en diversos medios de comunicación. Foi un dos apoios máis salientados da asociación galegófoba Galicia Bilingüe.

Lugo

2019041513074226400Ana Prieto Nieto (PSdeG)

Veciña de Lugo e nada en Xinzo de Limia en 1965.

É licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, e chegou a ser presidenta do Colexio de Farmacéuticos de Lugo.

É a primeira tenente de alcalde da cidade amurallada e titular da área de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, ademais de secretaria de Estudos e Programas da executiva do PSdeG.

sonsolesSonsoles López Izquierdo (PSdeG)

Naceu en Lugo en 1974.

Estudou Enxeñaría Técnica Forestal na Escola Politécnica da capital luguesa, onde ademais é concelleira e portavoz do PSdeG.

Entrou na corporación da Deputación no 2011, onde foi responsábel da área de Medio Ambiente e Enerxías Renovábeis e actualmente é deputada da área de Promoción Económica e Social.

olanoJaime Eduardo de Olano Vela (PP)

Naceu na Coruña en 1970.

É licenciado en Dereito e avogado, ademais de concelleiro en Viveiro desde o 2011, ano en que tamén entrou como deputado no Congreso. Foi portavoz do PP na Comisión de Orzamentos do Congreso e portavoz adxunto do grupo parlamentario na cámara baixa.

pp lugoJoaquín García Díez (PP)

Naceu en Ferrol, en 1954.

É licenciado en Ciencias Biolóxicas. Foi secretario xeral da Consellaría de Agricultura e Montes (1990-1991), ademais de tenente de alcalde do concello de Lugo e concelleiro delegado das áreas de Economía e Medio Ambiente (1991-1995). Posteriormente foi o alcalde de Lugo (1995-1999).

É membro da xunta directiva do PP de Lugo e de Galiza, ademais de deputado no Congreso desde o ano 2004.

Ourense

2019042012530835809 (1)Marina Ortega Otero (PSdeG)

Naceu no Carballiño en 1983.

É psicóloga e vogal da xunta de goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galiza.

Exerce como concelleira de Servizos sociais, igualdade e sanidade no concello do Carballiño desde o ano 2015; e ademais é secretaria da área de Política social da executiva do PSdeG.

abellaAdolfo Pérez Abellás (PSdeG)

Naceu en Amoeiro en 1952.

Traballa como profesor contratado doutor na Universidade de Vigo. É tamén mestre de ensinanza de primaria, licenciado e doutor en Psicopedagoxía pola UVigo. Actualmente é presidente do Comité de Ética do PSdeG de Ourense e membro do seu comité local.

belenAna Belén Vázquez (PP)

Naceu en Bande en 1975.


É licenciada en Dereito e funcionaria do corpo superior da administración local. Encabezou a candidatura do PP por Ourense ao Congreso. Conta con experiencia nas Cortes Xerais, xa que foi deputada desde o ano 2000.

Foi elixida concelleira no concello de Bande nas eleccións municipais de1995, renovando o cargo en 1999 e 2003. Ocupou o cargo de concelleira de Cultura e Deporte, e posteriormente pasou a ser segunda tenente de alcalde. En 2006 foi elixida alcaldesa de Bande.

celsoCelso Luis Delgado Arce (PP)

Naceu en 1958.

Deputado no Congreso desde o ano 2000, é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. É avogado e ten un mestrado en Dirección de Empresas e Distribución Comercial.

Foi deputado e vicepresidente primeiro do Parlamento de Galiza de 1997 ao 2000.

Pontevedra

pastor

Ana María Pastor Julián (PP)

Naceu en Cubillos (Zamora) en 1947.

Licenciouse en Medicina pola Universidade de Salamanca e é funcionaria do corpo superior de saúde pública do Estado.

Desde 2016 é presidenta do Congreso dos Deputados e foi anteriormente ministra de Sanidade e Consumo (2002-2004) e de Fomento (2011-2016).

diego gagoDiego José Gago Bugarín (PP)

Naceu en Vigo en 1987.

Licenciado en Dereito Económico, é concelleiro en Vigo e presidente de Novas Xeracións a nivel galego desde 2014 e a nivel estatal desde 2017.

olga 400María Olga Alonso Suárez (PSdeG)

Naceu no concello de Cotobade en 1962.

É diplomada en Maxisterio e licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación. Traballa como mestra e directora do centro educativo público Frián de Teis, en Vigo, cidade onde é concelleira de Educación. Foi ademais a primeira muller en ser secretaria comarcal dun sindicato en Vigo (UXT).

guillermoGuillermo Meixón Couselo (PSdeG)

Nado en Pontevedra no ano 1958.

É mestre e orientador escolar, con licenciatura en Filosofía e Ciencias da Educación.

Foi concelleiro en Pontevedra entre 1999 e 2005 e deputado no Parlamento de Galego desde 2005 a 2011. Tamén tivo escano no Congreso entre 2011 e 2019.

É membro de FETE-UXT, onde desempeñou distintos cargos nas executivas comarcais, provincial e galega. No PSdeG ocupou a secretaría xeral da agrupación local de Pontevedra, a secretaría de educación e a de política institucional na executiva galega.

anegeles 400Ángeles Marra Domínguez (PSdeG)

Naceu en Vigo no ano 1966.

É doutora en Ciencias Económicas e Empresariais e profesora titular de Teoría Económica na Universidade de Vigo. Actualmente é concelleira de Transportes e Proxectos Estatais e Europeos en Vigo.

Foi senadora por Pontevedra durante a X lexislatura (2011-2015).

yolandaYolanda Díaz Pérez (En Común-Unidas Podemos)

Naceu en Fene en 1971.

É avogada de profesión. Estivo vinculada ao movemento de esquerdas desde moi nova. Foi coordinadora de Esquerda Unida, concelleira en Ferrol desde 2003 a 2011 e deputada do Parlamento galego na anterior lexislatura con AGE. Foi tamén deputada no Congreso desde 2015 (por En Marea pola Coruña) e agora en representación de En Común-Unidas Podemos por Pontevedra.

beaBeatriz Pino (Ciudadanos)

Naceu en Vigo en 1975.

É licenciada en Xornalismo pola Universidade Carlos III de Madrid, e voltou a Galiza após traballar en Telemadrid e Antena 3 como xornalista.

Coñece ben a organización e ideoloxía de Ciudadanos, xa que foi a responsábel de comunicación do partido na Galiza.

SENADO 2019

A Coruña

Antonio Vázquez Lorenzo (PSdeG)  Antonio Vázquez Lorenzo (PSdeG)

Naceu en Betanzos, o 27 de outubro de 1956. É técnico de construción e concelleiro desde 1995.

obdulia

Obdulia Taboadela Álvarez (PSdeG)

Naceu en Madrid en 1964.

É doutora en Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid e experta e responsabilidade social e innovación social, ademais de traballar como profesora e investigadora universitaria especialista en mercado de traballo, migracións internacionais e estudos de xénero. Foi subdelegada do Goberno, concelleira e tenente de alcalde na Coruña

-fFRsPev_400x400

Xullo Barros Casal (PSdeG)

Nado en Mugardos en 1962.

É licenciado en Dereito pola USC e avogado en Ferrol desde 1987. Ademais é membro da xunta de goberno do Colexio de Avogados de Ferrol desde 2014 e secretario de Estudos e Programas da executiva local do PSdeG.

miguel

Miguel Lorenzo Torres (PP)

Naceu en Pontevedra en 1961.

Licenciouse en Dereito e é avogado e profesor universitario na USC. Concelleiro. Foi concelleiro de goberno na Coruña co Partido Popular e deputado no Congreso de 2015 a 2019.

 

Lugo

barreirpo

José Manuel Barreiro Fernández (PP)

Naceu en Lugo en 1957.

Foi deputado no Parlamento galego desde 1997 a 2007 e na Deputación de Lugo desde o 2007. Ademais, de conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galiza (2003-2005) tamén escano de senador desde o 2008.

rosa 400

Rosa María Arza Rodríguez (PP)

Concelleira en Quiroga e presidenta local de Novas Xeracións do Partido Popular.

rey

Manuel Lorenzo Varela Rodríguez (PP)

Ostentou a alcaldía de Chantada desde 1995 a 2007. Despois de non ser proposto polo PP para encabezar as municipais formou a candidatura Independentes Terras do Asma (INTA) coa que recuperou a alcaldía. Posteriormente retornou ao PP e agora estréase como senador.

cesar mogo

César Mogo Zaro (PSdeG)

Nado no Valadouro. É Licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía.

Foi director do Gabinete da secretaria de Estado de inmigración e emigración e director do gabinete do Ministerio da Presidencia nos gobernos de Zapatero

Ourense

viso 400

Miguel Ángel Viso Diéguez (PP)

Naceu en Arnoia en 1971. É deputado desde 2015 e é técnico superior en prevención de riscos laborais. Expresidente do Consello Regulador do Ribeiro.

leite 400

María del Carmen Leite Collado (PP)

Nada en Vigo en 1953. É médica e foi alcaldesa do concello de Cartelle desde 1991 até 2017. Ten acta de senadora por Ourense desde o ano 2008.

leiro ben

Francisco Fernández Pérez (PP)

Naceu en Cortegada en 1959. É senador desde 2011 e anteriormente foi concelleiro (1991) e desde 1995 é o alcalde de Leiro.  

juan carlos psoe 400

Juan Carlos Francisco Rivera (PSdeG)

Naceu en Verín en 1968.É avogado, dono do despacho J@M e copropietario dunha empresa de recadación de tributos locais. Ocupa a secretaría de organización do PSdeG de Ourense.



 

 

Pontevedra

modesto 400

Modesto Pose Mesura (PSdeG)

Naceu en 1955 en Malpica. É licenciado en Medicina e traballa como inspector médico en Pontevedra.

adrio terecido 400

María Margarita Peregrina Adrio (PSdeG)

Naceu na Coruña en 1956. É licenciada en Dereito e diplomada en Criminoloxía pola Universidade de Santiago Avogada en exercicio, é presidenta da Comisión penitenciaria do servizo orientación xurídica penal do Colexio de Avogados de Pontevedra.

daniel psoe

Daniel Chendo Padín (PSdeG)

Naceu en Caldas de Reis en 1953. É licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa praza como profesor atópase non IES de Valga (Pontevedra). Foi secretario xeral do PSOE en Pontecesures.

fidalgo_0

Miguel Fidalgo Iglesias (PP)

Naceu en Vigo en 1971. É economista e foi concelleiro do Partido Popular en Vigo até o 2015, ano en que se presentou ao Senado e gañou a acta.

Comentarios