Yoani Sánchez participa na Illa de San Simón nun congreso sobre internet

A 'blogueira' cubana toma parte esta fin de semana no 'Nethinking 2013', no que tamén estarán presentes Antón Losada ou Julián Hernández. 

Yoani Sánchez estará estes días na Galiza. Será na Illa de San Simón para tomar parte na terceira edición de 'Nethinking 2013', un congreso sobre internet no que xa participara nas outras dúas edicións mais por videoconferencia. Desta volta será en persoa.

Esta xornalista e blogueira cubana que ten recibido galardóns e premios de corporacións como o grupo Prisa (Ortega y Gasset 2008) ou a revista Time (situouna entre as 100 personaxes máis influintes do mundo!) ten aberto un blog en Cuba desde hai anos e concedidas centos de entrevistas nas que denuncia reiteradamente que na illa non hai liberdade de expresión. Aliás, arriba a Galiza no marco dunha viaxe por diferentes estados de Latinoamérica e Europa para denunciar, entre outras cousas, que o goberno impide aos cubanos saír do país.

Intervencións sen molestias

Yoani Sánchez leva uns días no Estado español, onde mantivo xuntanzas con, entre outros, José María Aznar e a FAES, ou UpyD. Tamén presentou un libro na FANC, acto no que se prohibiu a entrada a 'Mundo Obrero' e no que o xornalista Javier Couso, segundo el mesmo relatou en twitter, foi “sacado a hostias”.

Presentou un libro en Madrid no que se prohibiu a entrada a 'Mundo Obrero' e no que o xornalista Javier Couso, segundo el mesmo relatou, foi “sacado a hostias”

Nas súas viaxes mantén encontros e reunións con importantes personalidades da política, economía e sociedade, que a reciben con todas as honras como voceira da 'cuba anticastrista'

Disidente ou mercenaria?

@s defensores de Yoani Sánchez (entre os que se atopan, alén de persoas a título individual, organismos como o Departamento de Estado de EUA) consideran a esta cubana unha disidente perseguida pola ditadura cubana. Mesmo foi proposta para Premio Nóbel da Paz e as súas informacións publicadas no blog son tomadas por xornais (como El País) como fonte fideligna para falar do que acontece na Illa. O que ten provocado máis dunha metedura de zona ao xornal, como cando denunciou que o goberno cubano censurara a súa conta en twitter e a propia compañía de redes sociais tivo que saír ao paso para asegurar que o que acontecera fora un corte temporal en toda a illa por cousas técnicas.

Os papeis de wikileaks desvelaron a existencia de reunións periódicas de Sánchez coa Sección de Intereses de EUA en La Habana. “Estados Unidos desexa un cambio de goberno en Cuba, pero é o que desexo eu tamén.” 

Aliás, os papeis de wikileaks desvelaron a existencia desde 2008 de reunións periódicas de Sánchez coa Sección de Intereses de EUA en La Habana. Ela non se avoergoña deses encontros: “Estados Unidos desexa un cambio de goberno en Cuba, pero é o que desexo eu tamén.” 

Doble vara?

O Barómetro do 2012 de Reporteiros sen Fronteiras (actualízase anualmente) identifica a 306 xornalistas e ciberdisidentes mortos ou presos. Ningún deles é cubano, sinalan desde o goberno da illa, que se pregunta por qué tanto interese dos EUA en Yoani Sánchez (na web www.state.gov hai 11 referencias á cubana, mais ningunha aos 306 xornalistas antes mencionados).

De feito, e como ten recoñecido o propio Obama, Yoani é para os Estados Unidos unha figura de vital importancia para deseñar un futuro da illa sen socialismo.

Comentarios