Puigdemont anuncia referendo de independencia en 2017 haxa ou non acordo co Estado

“Ou referendo ou referendo”, afirmou o presidente catalán durante o debate da cuestión de confianza.

[Imaxe: NacioDigital] Carles Puigdemont
photo_camera [Imaxe: NacioDigital]

En setembro de 2017 haberá referendo en Catalunya sobre a independencia. Anunciouno o presidente catalán, Carles Puigdemont, durante o debate da cuestión de confianza á que se somete esta cuarta e quinta feira. “Ou referndo ou refetrendo”, dixo Puigdemont, indicando que esta consulta ao pobo catalán vaise facer haxa ou non acordo co Estado español para a súa realización.

O president apelou á responsabilidade da política española para que acepte negociar un referendo, opción que apoia a maioría da sociedade catalá, afirmou. Porén, se o goberno español rexeita pactar unha consulta, a Generalitat organizará un referendo por si propia e que terá lugar durante a segunda quincena de setembro de 2017. É a mellor ferramenta, dixo Puigdemont, para desbloquear a situación actual.

Puigdemont amosou “total disposición” a colaborar co executivo central para que haxa un referendo pactado sobre a independencia. “Se acepta este principio democrático, estamos dispostos a negociar data, a pregunta, o quórum...e como se xestiona o resultado”.

Comentarios