O PSOE aproba en solitario uns orzamentos que afirma que sitúan Vigo “á cabeza de España”

abel caballero Imaxe Concello de Vigo
photo_camera abel caballero Imaxe Concello de Vigo

O pleno do Concello de Vigo aprobou os orzamentos da cidade para 2017 cos únicos votos a favor do PSOE (17 concelleiros) e as críticas de PP (7 edís) e Marea (3) que consideran que nestas contas (que ascenden a 223 millóns de euros) non houbo participación de entidades e colectivos cidadáns. O edil de Facenda, Jaime Aneiros, dixo que eran uns “magníficos orzamentos”, que ían situar Vigo “á cabeza de Galiza e de España” e que estaban feitos pensando, reiterou, no emprego.

Desde o PP acusouse o goberno local de “autocompracencia” e de non ter en conta as emendas e propostas que se propuxeron desde a oposición. Marea de Vigo criticou que o executivo “laminase” as alegacións e propostas, para alén de recriminarlle “carencias democráticas”. 

Comentarios