O PSOE non derrogará o modelo de despedimento da reforma laboral do goberno de Rajoy

Admite que manterá tal e como están algunhas medidas do proxecto aprobado polo executivo popular en febreiro de 2012.

280714RajoySanchez2
photo_camera Rajoy e Sánchez

Prometeuno até en sete ocasións, mais finalmente o PSOE recoñece que non derrogará na súa totalidade a reforma laboral vixente desde febreiro de 2012, aprobada polo goberno de Mariano Rajoy e cunha forte contestación social. @s socialistas admiten que non tocarán aspectos da reforma como os referidos ás indemnizacións por despedimento, que se manterán como están.

A secretaria de Emprego do PSOE, Luz Rodríguez, dixo que os socialistas de gobernar van derrogar aspectos da reforma como a contratación ou o modelo de negociación colectiva. Mais nese pacote non se inclúen cambios na indemnización por despedimento. Rodríguez explicou que o despedimento ficará tal e como está agora na lexislación. Iso si, dixo que de chegar o PSOE ao poder abrirían negociaciacións cos axentes sociais sobre esta cuestión.

Comentarios